XXXII CARREIRA SAN SILVESTRE PONTEVEDRA 2015

1. ORGANIZADORES:
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Instituto Municipal de Deportes, do Concello de Pontevedra.

2. HORARIO DA CARREIRA:
Celebrarase o xoves 31 de decembro de 2015 a partir das 17:00 h. con saída e chegada na avenida de Montero Ríos.

3. DISTANCIA E PERCORRIDO:
Será de 3.940 metros, para homes e mulleres, de todas as idades, polas rúas da nosa cidade nun circuíto pechado ao tráfico.

4. ACCIÓN SOCIAL DA CARREIRA:
Voluntariamente podedes traer un produto de alimentación que non caduque (preferentemente leite, aceite,…), a partir das 15,30 horas na praza de España o día 31 de decembro, para facerlle entrega á Rede Axuda (programa social no municipio de Pontevedra) que o repartirá as entidades que máis o necesiten.

Últimas noticias

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar un mejor servicio. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Puede ampliar información en nuestra política de cookies | Aceptar